Datos personales

Mi foto
El blog de la agrupación Belenista Ribadeo

lunes, 16 de enero de 2012

Belén florentino. O pozo

O pozo é un dos maiores tesouros que un pode descobrer entre as rúas de "Florencia" sendo, curiosamente, o único elemento non florentino do belén. O pozo do noso nacemento é unha réplica casi exacta do que ocupa un dos claustros do Mosteiro de San Salvador en Vilanova de Lourenzá. E non desentoa nada entre o resto de elementos italianos, ó mellor pola época, ó mellor polo esmero e o  cariño co que foi traballado... Ós pes do belén figura o motivo polo que este pozo ocupa un lugar tan principal no noso nacemento... Graciñas...

" Dende o seu nacemento, a Agrupación Belenista de Ribadeo mantén fondos lazos de amizade co Colectivo campamento diocesano de Mondoñedo-Ferrol, que todos os anos organiza un campamento para nenos e nenas en Vilanova de Lourenzá.
No claustro do Mosteiro de San Salvador, lugar no que se desenvolve o campamento, hai un pozo que serve de emblema a este colectivo. Vaia esta reproducción do mesmo como mostra do afecto mutuo que nos profesamos."






Imaxe orixinal do pozo no seu emplazamento
no Mosteiro de San Salvador.



No hay comentarios:

Publicar un comentario