Datos personales

Mi foto
El blog de la agrupación Belenista Ribadeo
Mostrando entradas con la etiqueta AB Ribadeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AB Ribadeo. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2022

Álvaro Lamas, in memoriam

 A inmersión do Belén cós amigos do casip Illa Pancha, deu o pistoletazo de saída aos actos da agrupación belenista de Ribadeo neste Nadal do 2022 que culminarán coa inauguración do Nacemento no Renacemento, o Belén do camiño e a exposición de miniaturas o vindeiro venres día 23 ás 18:00 horas. Este será o primeiro Nadal sen Álvaro, un dos fundadores e principal impulsor da nosa agrupación belenista; por iso antes de continuar con todas as nosas actividades, co corazón aínda encollido pola súa falta, vannos permitir este pequeno recordo para o noso Álvaro. 


Álvaro Lamas, in memoriam
O pasado 26 de marzo, a morte, como  unha salgueirazo xeado, un manotazo duro, un machadazo invisible e homicida, deixóunos sen Álvaro. Decíanos naquel momento alguén que deixar tantas cousas feitas, (e a medio facer) con tantas persoas diferentes, era signo dunha vida aproveitada e entregada ao máximo. E así era el, como unha cociña de leña, que fai de todo e ben, con tempo, cariño e dedicación; que recibindo pouco, desprende moito. Cando faleceu, outra persoa que tamén o coñecía ben, á pregunta de que iamos facer agora, respondeunos que cando un falta, atoparémolo nas cousas que construímos xuntos. Pois sendo así, moitos imos tropezalo en todas as esquinas, que Álvaro, construír construía moito e ben (e non só con poliexpan).  Dicíanos unha veciña que era imposible definilo en poucas palabras, que o intentaramos por exemplo con dúas. Pois Álvaro era Nadal e Pascua. Pero tamén esposo e pai. Amigo e veciño. Mestre e xenio. Artesán e carpinteiro. Fe e esperanza. Empeño e dedicación. Avó e tío. Traballo e traballo. Cociña de leña. Palabra e palabras. Historia e arte. Sorriso silencioso. Risa a gargalladas. Agrupación belenista. Azul Ribadeo. Tortilla de patacas. Mar e monte. Maverick granate. Irmán e fogar. Orde e concerto. Caldo e andaricas. Brunelleschi e Goya. Porta da auga. Esceario e bastidores. Luis de Trelles. Campamento diocesano. Camiño de Santiago. Nacemento e Renacemento. Era, en fin, Álvaro Lamas.
Os membros da agrupación belenista, profundamente agradecidos pola súa vida e o seu traballo, tentaremos conservar o seu legado, perseverar nalgunhas das súas teimas e aproveitar todo o que el nos ensinou de belenismo para continuar anunciando que Xesús, este e todos os anos, renace no medio de nós. 



martes, 24 de diciembre de 2019

Bo Nadal! ¡Feliz Navidad!

Carlo Maratti, La virgen poniendo al niño dormido sobre la paja
(Óleo sobre táboa, cara 1656; Museo Nacional del Prado)
"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

Bo nadal! ¡Feliz navidad! 

jueves, 19 de diciembre de 2019

28 de decembro, 19.00 horas. VII Cantos de Nadal.

O próximo 28 de decembro, celebraremos a sétima edición dos cantos de Nadal. Acompañando ás voces do Setestrelo, Ribadeo, un ano máis, cantará ao Neno. Será ás 19.00 horas na Fonte Nova (Praza de José María López). En caso de que a chuvia queira vir tamén gozar da mellor música do Nadal, desplazarémonos a Escola Municipal de música e danza de Ribadeo (Casa do mar). Agardámosovos!


lunes, 1 de enero de 2018

Feliz ano 2018

Dende a Agrupación Belenista de Ribadeo agardamos que no 2018 florezan todos os vosos desexos. Feliz ano novo!

Nacemento de corcho; Fátima (Portugal), 2017.
- Exposición de miniaturas da Agrupación Belenista de Ribadeo -

domingo, 24 de diciembre de 2017

Xa está aquí! Xa chegou!

Fra Angélico, detalle da Predela do altar da Anunciación
(Oro e temple sobre táboa, cara 1430; Museo Nacional del Prado)

"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

Dende Agrupación belenista de Ribadeo deséxamos a todos os colaboradores e amigos un Bó Nadal e que o neno que nace en Belén encha de luz as vosas casas e os vosos corazóns. 

viernes, 22 de diciembre de 2017

Tempo de Nadal, tempo de mergullarse

Como xa ven sendo tradicional, mañá acompañaremos ós amigos do CASIP Illa Pancha  na súa inmersión para sumerxir un belén na ría. Estades todos convidados!!!!! Os preparativos comezarán sobre as doce da mañá nas inmediacións do Pozo (Porto deportivo de Porcillán) e a continuación, coincidindo coa marea alta, procederase a inmersión do Belén.

Una vez más, el Niño naciendo en una localización rechazada.
(Belén para inmersión nunha bombona de osíxeno; Casip Illa Pancha e AB de Ribadeo, 2017)

miércoles, 20 de diciembre de 2017

V Cantos de Nadal. Sábado 30 de decembro, 18.30 horas

A V edición dos sempre animados cantos de Nadal terá lugar o sábado 30 de decembro a partires das 18.30 horas. Se o tempo o permite, percorreremos as rúas de Villafranca del Bierzo (saindo dos locais da agrupación belenista), Reinante, Doutor Moreda, Ramón González e Rodríguez Murias. En caso de que a chuvia queira vir tamén desfrutar da mellor música do Nadal, cantaremos todos xuntos na Escola Municipal de música e danza de Ribadeo. A partir das 21.00 horas fin de festa con foliada aberta no Bodegón (Rúa San Lázaro, 26). Agardámosovos!


martes, 5 de diciembre de 2017

Vaise achegando o Nadal

Volve, como todos os tempos de advento, a actividade ó noso blog. Nos próximos días iremos retomando todas as nosas seccións e poñéndoos ó día de todas as novas da Agrupación belenista de Ribadeo para este Nadal. A partires do día 20 de decembro poderán desfrutar nos nosos locais na rúa Villafranca del Bierzo dun ampliado Nacemento no camiño. Por desgracia, este ano tampouco atopamos ningún local no que montar o noso espectacular nacemento no Renacemento (ou nacemento Florentino); pero non perdemos a esperanza, así que se sabén dalgún espacio que poidera estar dispoñible para nós, non dubiden en contactar coa agrupación, estaríamoslles moi agradecidos. Permanezcan moi atentos, o mellor está por chegar!  

Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3)
Nacemento no camiño. Agrupación belenista de Ribadeo 2016

sábado, 24 de diciembre de 2016

Bo nadal

Nacemento Indiano. AB Ribadeo 2016

"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

domingo, 27 de noviembre de 2016

¡Gracias, y buen camino hacia Belén!

“Que el empeño de caminar en la fe y de comportarse en manera coherente con el Evangelio los acompañe en este tiempo de Adviento, para vivir de modo auténtico la conmemoración de la Navidad del Señor. Les puede ayudar el bello testimonio del beato Pier Giorgio Frassati, que decía, un universitario como ustedes, decía: “Vivir sin fe, sin patrimonio que defender, sin sostener una lucha por la verdad no es vivir, sino ir tirando… Nosotros no debemos nunca tirar sino vivir”. (Carta a I. Bonini) 27.II.1925. 
¡Gracias, y buen camino hacia Belén!”
Papa Francisco, 30.XI.2013

(Vísperas del Primer Domingo de Adviento con los universitarios de su diócesis)

¡Gracias, y buen camino hacia Belén!
Aquí estamos un año más, gracias a todos los que nos ayudáis, nos animáis y nos seguís, preparando el camino hacia Belén, que en esta ocasión, como en tantas otras, viene lleno de sorpresas... Os mantendremos al corriente...

miércoles, 6 de enero de 2016

Feliz día de Reis

Nacemento no Renacemento. AB Ribadeo 2015
"E, velaí, a estrela que viran saír no Oriente foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno. (...) E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Postráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle como regalo ouro, incienso e mirra." 
(Mt 2, 9-11)

viernes, 1 de enero de 2016

Feliz ano novo!

Nacemento no renacemento. AB Ribadeo 2015. 

Toda a xente que formamos parte da Agrupación Belenista de Ribadeo desexámoslles un próspero ano 2016. 

miércoles, 30 de diciembre de 2015

III Cantos de Nadal

III edición dos xa tradicionais Cantos de Nadal da Agrupación Belenista de Ribadeo. Agardámosvos o próximo sábado día 2 de Xaneiro ás 20.30 horas no belén Franciscano (R/ Villafranca del Bierzo, 2) para cantares xuntos nas rúas de Ribadeo. Non perdas o Ribadeo canto ó neno!


viernes, 25 de diciembre de 2015

Bo Nadal

Nacemento no Renacemento. AB Ribadeo 2015
"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito" (Lc 2, 6-7). 

jueves, 3 de diciembre de 2015

Case seis anos de Agrupación Belenista de Ribadeo

Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3) 

         Tras o congreso de Oviedo non nos teñen visto moito por aquí, non por nada, se non porque levamos unhas semanas moi atarefados ultimando os beléns deste ano, preparando o camiño a ese Neno que está a piques de nacer. Florencia continúa a medrar a un ritmo imparable, e o noso cada vez máis grande Nacemento no Renacemento poderá visitarse, xunto coa exposición de miniaturas e a reproducción do Belén vivinte do concello,  a partir de mediados de mes nos locais do antigo Supermercado San José (R/Ramón González 33). Por outro lado, o nacemento franciscano que estreamos o ano pasado abriráse o público no local da agrupación (R/ Villafranca del Bierzo nº2) o próximo martes oito de decembro ás 20.00 horas.   

     Iremos, coma sempre, compartindo con vostedes todas as fotos, as curiosidades, os datos, as historias... Nos próximos días, ó tempo que imos rematando os beléns, acabaremos de pór en marcha tamén todas as actividades do blog: En mi casa lo hacemos así (non esquezan enviarnos as súas fotos), Los lugares del belénBelenes del mundo... 

      Todos os anos, cando retomamos a actividade do blog, cando xa estamos a piques de abrir os beléns, botamos a vista atrás e pensamos en cada un destes case seis anos nos que levamos traballando na Agrupación Belenista de Ribadeo. Os nervios, as prisas e a ilusión, son, se cabe, ainda maiores que as dos primeiros anos. Por iso hoxe, gustaríanos compartir con vostedes este resumo dos seis anos de vida da agrupación. 




miércoles, 7 de octubre de 2015

Entrevista en el programa Costa Viva

Ayer, en el programa Costa Viva de Cope de la Costa, nos entrevistaron con motivo de la asistencia de nuestro Hospital de los inocentes al LIII Congreso Nacional Belenista, que se celebrará en Oviedo entre el 09 y el 12 de este mes de octubre. Les animamos a que escuchen el corte entero del audio (entre los minutos 23:50 y 31:56), pero nos quedamos, sin duda, con este fragmento, que es toda una declaración de intenciones acerca de lo que pretende ser nuestra agrupación belenista: 
- Esto se construye poco a poco, hay que ser muy minucioso?
- Hace falta tener ganas e intentarlo. El poliuretano es un material relativamente fácil de tratar, sobre todo cuando uno va cogiendo experiencia y el resto es tener dos factores fundamentales: primero, un cierto amor por la obra artística, especialmente la arquitectura, y en segundo lugar y sobre todo, un amor por lo que supone la conmemoración del nacimiento de Jesús, que es lo que lo impregna todo. Si conseguimos que nuestro Belén sirva para que alguien se acerque al nacimiento de Jesús, estamos contentos, eso es lo que queremos exactamente. 

Hospital de los Inocentes, AB de Ribadeo 2015. (La foto, de F.P.Xuya, la hemos tomado prestada de aquí)

domingo, 20 de septiembre de 2015

Camino del LIII Congreso nacional Belenista

Y hoy, mientras casi toda España estaba pendiente de la final del Eurobasket, parte de nuestro Nacimiento en el Renacimiento salía de Ribadeo hacia Oviedo para ser expuesto en el LIII Congreso Nacional Belenista.  Os esperamos en la capital asturiana entre el 9 y el 12 del próximo mes de octubre. Os mantendremos informados.


Figuras numeradas y empaquetadas para el traslado

Terminando de cargar

Camino del LIII Congreso Nacional Belenista

lunes, 12 de enero de 2015

Nas rúas de Florencia... L´Orologio

Uno de los elementos de nuestro nacimiento en el Renacimiento que más llama la atención de nuestros visitantes, sobre todo de los más pequeños, es el Reloj de Sol. Es una reproducción del original en mármol que se encuentra ubicado en una de las terrazas del Puente Vecchio de Florencia. Fue construido en el Siglo XIII y en su base presenta una placa que hace referencia a la inundación que sufrió la capital Toscana en 1333 y que destruyó prácticamente la totalidad del puente. Es un reloj de Sol vertical con forma de copa, poco usual por varios motivos, por sus grandes dimensiones, por situarse en una ubicación más propia de un reloj de pared que de uno con pedestal y por señalar, desde la Edad Media, las horas canónicas

Imagen original del Reloj de Sol en el Puente Vecchio
(La imagen de aquí)
Nacimiento en el Renacimiento con el reloj de sol a la derecha en primer plano.
Agrupación Belenista Ribadeo 2011.
L´Orologio. Agrupación Belenista Ribadeo 2013


sábado, 3 de enero de 2015

II Cantos de Nadal


Esta tarde, que ninguén esqueza a súa cita coa música de Nadal. Ás 21.15 horas, no cine teatro Ribadeo, con Bieito Lobariñas, Nacho Álvarez, Xan Cadenas e Álvaro Lamas, segunda edición dos Cantos do Nadal da Agrupación belenista de Ribadeo. Agardámosvos!