Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3)
Tras o congreso de Oviedo non nos teñen visto moito por aquí, non por nada, se non porque levamos unhas semanas moi atarefados ultimando os beléns deste ano, preparando o camiño a ese Neno que está a piques de nacer. Florencia continúa a medrar a un ritmo imparable, e o noso cada vez máis grande Nacemento no Renacemento poderá visitarse, xunto coa exposición de miniaturas e a reproducción do Belén vivinte do concello, a partir de mediados de mes nos locais do antigo Supermercado San José (R/Ramón González 33). Por outro lado, o nacemento franciscano que estreamos o ano pasado abriráse o público no local da agrupación (R/ Villafranca del Bierzo nº2) o próximo martes oito de decembro ás 20.00 horas.
Iremos, coma sempre, compartindo con vostedes todas as fotos, as curiosidades, os datos, as historias... Nos próximos días, ó tempo que imos rematando os beléns, acabaremos de pór en marcha tamén todas as actividades do blog: En mi casa lo hacemos así (non esquezan enviarnos as súas fotos), Los lugares del belén, Belenes del mundo...
Todos os anos, cando retomamos a actividade do blog, cando xa estamos a piques de abrir os beléns, botamos a vista atrás e pensamos en cada un destes case seis anos nos que levamos traballando na Agrupación Belenista de Ribadeo. Os nervios, as prisas e a ilusión, son, se cabe, ainda maiores que as dos primeiros anos. Por iso hoxe, gustaríanos compartir con vostedes este resumo dos seis anos de vida da agrupación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario