Datos personales

Mi foto
El blog de la agrupación Belenista Ribadeo

viernes, 29 de diciembre de 2017

De camiño... Igrexa parroquial de San Xusto (Barreiros)

De camiño ó noso Belén pola ruta do Norte, case chegando a Lourenzá, atopamos a espectacular igrexa parroquial de San Xusto. Este templo con planta de cruz latina, dunha nave con dous arcos faixóns, dúas capelas laterais, capela maior máis alta ca nave e na cabeceira unha sacristía, data de comezos do século XVI. As cubertas están realizadas en lousas de xisto sobre estrutura de madeira a dúas, tres ou catro augas. O retablo do altar maior é barroco, do ano 1753, de profusa decoración vexetal e múltiples columnas salomónicas. 
Toda a información procede do traballo de Emilio Piñeiroa sobre o camiño de Santiago no concello de Barreiros. Gracias infinitas polo seu bo facer e por compartilo con nós (nos locais da Agrupación Belenista de Ribadeo teñen a súa disposición os dípticos con toda a información). 

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

domingo, 24 de diciembre de 2017

Xa está aquí! Xa chegou!

Fra Angélico, detalle da Predela do altar da Anunciación
(Oro e temple sobre táboa, cara 1430; Museo Nacional del Prado)

"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

Dende Agrupación belenista de Ribadeo deséxamos a todos os colaboradores e amigos un Bó Nadal e que o neno que nace en Belén encha de luz as vosas casas e os vosos corazóns. 

viernes, 22 de diciembre de 2017

Tempo de Nadal, tempo de mergullarse

Como xa ven sendo tradicional, mañá acompañaremos ós amigos do CASIP Illa Pancha  na súa inmersión para sumerxir un belén na ría. Estades todos convidados!!!!! Os preparativos comezarán sobre as doce da mañá nas inmediacións do Pozo (Porto deportivo de Porcillán) e a continuación, coincidindo coa marea alta, procederase a inmersión do Belén.

Una vez más, el Niño naciendo en una localización rechazada.
(Belén para inmersión nunha bombona de osíxeno; Casip Illa Pancha e AB de Ribadeo, 2017)

miércoles, 20 de diciembre de 2017

V Cantos de Nadal. Sábado 30 de decembro, 18.30 horas

A V edición dos sempre animados cantos de Nadal terá lugar o sábado 30 de decembro a partires das 18.30 horas. Se o tempo o permite, percorreremos as rúas de Villafranca del Bierzo (saindo dos locais da agrupación belenista), Reinante, Doutor Moreda, Ramón González e Rodríguez Murias. En caso de que a chuvia queira vir tamén desfrutar da mellor música do Nadal, cantaremos todos xuntos na Escola Municipal de música e danza de Ribadeo. A partir das 21.00 horas fin de festa con foliada aberta no Bodegón (Rúa San Lázaro, 26). Agardámosovos!


martes, 5 de diciembre de 2017

Vaise achegando o Nadal

Volve, como todos os tempos de advento, a actividade ó noso blog. Nos próximos días iremos retomando todas as nosas seccións e poñéndoos ó día de todas as novas da Agrupación belenista de Ribadeo para este Nadal. A partires do día 20 de decembro poderán desfrutar nos nosos locais na rúa Villafranca del Bierzo dun ampliado Nacemento no camiño. Por desgracia, este ano tampouco atopamos ningún local no que montar o noso espectacular nacemento no Renacemento (ou nacemento Florentino); pero non perdemos a esperanza, así que se sabén dalgún espacio que poidera estar dispoñible para nós, non dubiden en contactar coa agrupación, estaríamoslles moi agradecidos. Permanezcan moi atentos, o mellor está por chegar!  

Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3)
Nacemento no camiño. Agrupación belenista de Ribadeo 2016