Datos personales

Mi foto
El blog de la agrupación Belenista Ribadeo

martes, 20 de diciembre de 2022

Álvaro Lamas, in memoriam

 A inmersión do Belén cós amigos do casip Illa Pancha, deu o pistoletazo de saída aos actos da agrupación belenista de Ribadeo neste Nadal do 2022 que culminarán coa inauguración do Nacemento no Renacemento, o Belén do camiño e a exposición de miniaturas o vindeiro venres día 23 ás 18:00 horas. Este será o primeiro Nadal sen Álvaro, un dos fundadores e principal impulsor da nosa agrupación belenista; por iso antes de continuar con todas as nosas actividades, co corazón aínda encollido pola súa falta, vannos permitir este pequeno recordo para o noso Álvaro. 


Álvaro Lamas, in memoriam
O pasado 26 de marzo, a morte, como  unha salgueirazo xeado, un manotazo duro, un machadazo invisible e homicida, deixóunos sen Álvaro. Decíanos naquel momento alguén que deixar tantas cousas feitas, (e a medio facer) con tantas persoas diferentes, era signo dunha vida aproveitada e entregada ao máximo. E así era el, como unha cociña de leña, que fai de todo e ben, con tempo, cariño e dedicación; que recibindo pouco, desprende moito. Cando faleceu, outra persoa que tamén o coñecía ben, á pregunta de que iamos facer agora, respondeunos que cando un falta, atoparémolo nas cousas que construímos xuntos. Pois sendo así, moitos imos tropezalo en todas as esquinas, que Álvaro, construír construía moito e ben (e non só con poliexpan).  Dicíanos unha veciña que era imposible definilo en poucas palabras, que o intentaramos por exemplo con dúas. Pois Álvaro era Nadal e Pascua. Pero tamén esposo e pai. Amigo e veciño. Mestre e xenio. Artesán e carpinteiro. Fe e esperanza. Empeño e dedicación. Avó e tío. Traballo e traballo. Cociña de leña. Palabra e palabras. Historia e arte. Sorriso silencioso. Risa a gargalladas. Agrupación belenista. Azul Ribadeo. Tortilla de patacas. Mar e monte. Maverick granate. Irmán e fogar. Orde e concerto. Caldo e andaricas. Brunelleschi e Goya. Porta da auga. Esceario e bastidores. Luis de Trelles. Campamento diocesano. Camiño de Santiago. Nacemento e Renacemento. Era, en fin, Álvaro Lamas.
Os membros da agrupación belenista, profundamente agradecidos pola súa vida e o seu traballo, tentaremos conservar o seu legado, perseverar nalgunhas das súas teimas e aproveitar todo o que el nos ensinou de belenismo para continuar anunciando que Xesús, este e todos os anos, renace no medio de nós. 



jueves, 26 de diciembre de 2019

Familia Domínguez Naveiras. En mi casa lo hacemos así...

Estas son as fotografías do fermoso belén en torno o cal a familia Domínguez Naveiras celebra o Nadal na súa casa chairega. De fondo, a felicitación dos nosos amigos do Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol que este ano vén de celebrar o seu 40 aniversario (https://campadiocesano.wixsite.com/campadiocesano). 

Belén da familia Domínguez Naveiras (ano 2019)
Graciñas a Antía, Baruk, Mariña e Rosalía por compartir con nós o seu belén. Agardamos as vosas fotos e as vosas historias en searmoelbelen@hotmail.com.


martes, 24 de diciembre de 2019

Bo Nadal! ¡Feliz Navidad!

Carlo Maratti, La virgen poniendo al niño dormido sobre la paja
(Óleo sobre táboa, cara 1656; Museo Nacional del Prado)
"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

Bo nadal! ¡Feliz navidad! 

domingo, 22 de diciembre de 2019

Familia Fernández Vilar. En mi casa lo hacemos así...

En mi casa lo hacemos así... se estrenaba en nuestro blog en diciembre del año 2010, y desde entonces ha llevado las historias de decenas de belenes a nuestros fieles lectores. Hoy compartimos el nacimiento que la familia Fernández Vilar instala en su casa de Madrid, y en el que nadie quiere perder la oportunidad de visitar al Niño recién nacido. 

Belén da familia Fernández Vilar (ano 2019)
 
Graciñas a Jorge, Miriam y Luis por compartir con nosotros su belén. Esperamos vuestras fotos y vuestras historias en searmoelbelen@hotmail.com

sábado, 21 de diciembre de 2019

Como baixa o Arno!

Como baixa o Arno! - ¡Cómo baja el Arno!

O río Arno ó seu paso por Florencia
(Nacemento no Renacemento 2019, Agrupación Belenista de Ribadeo)

jueves, 19 de diciembre de 2019

28 de decembro, 19.00 horas. VII Cantos de Nadal.

O próximo 28 de decembro, celebraremos a sétima edición dos cantos de Nadal. Acompañando ás voces do Setestrelo, Ribadeo, un ano máis, cantará ao Neno. Será ás 19.00 horas na Fonte Nova (Praza de José María López). En caso de que a chuvia queira vir tamén gozar da mellor música do Nadal, desplazarémonos a Escola Municipal de música e danza de Ribadeo (Casa do mar). Agardámosovos!


jueves, 4 de enero de 2018

Familia López Novo. En mi casa lo hacemos así...

Hoxe desplazámonos ata a parroquia da Torre en Vilalba, onde toda a familia López Novo celebra o Nadal ó carón deste nacemento. Ás figuras tradicionais, súmanse moitos pastores atarefados en facer todo o posible para que o neno Xesús esté moi ben atendido e coidado durante os seus primeiros días de vida. A música é das Malvela.


Mil gracias á familia López Novo por compartir as imaxes do seu belén con todos nós. Seguimos agardando as vosas fotografías e as vosas historias en searmoelbelen@hotmail.com 

De camiño... Capela do Pilar (San Xiao de Cabarcos - Barreiros)

Tras pasar o albergue de Gontán, os nosos pastores atopan nun recuncho do camiño a orixinal capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos. Destaca polo seu importante pórtico, que ocupa case a metade do espazo baixo a cuberta de dúas augas de lousas sobre estrutura de madeira. A nave é de planta rectangular de mampostería de xisto con recebo de cal. A espadana é dun único corpo e van, rematado con tres pináculos. (Toda a información procede do traballo de Emilio Piñeiroa sobre o camiño de Santiago no concello de Barreiros).

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros.
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros. 
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros. 
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros. 
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros. 
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Capela do Pilar de San Xiao de Cabarcos, Barreiros. 
(Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)



miércoles, 3 de enero de 2018

Familia Cañizal Tello. En mi casa lo hacemos así...

Estamos encantados de compartir hoy con todos ustedes el impresionante belén alrededor del cual la familia Cañizal Tello celebra la Navidad en su casa de Alba de Tormes. Observen con calma las imágenes de este nacimiento, asómbrense con sus detalles, con la precisión de su trabajo y la belleza del conjunto; pero, sobre todo, aprovechen para disfrutar el arte de esta familia castellana.

Belén familia Cañizal Tello (Alba de Tormes, año 2017)

Graciñas a la familia Cañizal Tello por compartir con nosotros su belén. Seguimos esperando sus imágenes y sus historias en searmoelbelen@hotmail.com

martes, 2 de enero de 2018

Comunidad Marianhill. En mi casa lo hacemos así

Hoy vuelve al blog una de nuestras secciones favoritas: En mi casa lo hacemos así... Desde Madrid, los misioneros de Marianhill comparten otro año más con nosotros su nacimiento. Las figuras pertenecen a la comunidad desde hace más de 50 años, y son una talla en madera del artista charro Orejudo. Los paños viajaron desde Mozambique, uno de los muchos lugares en los que trabajan sin descanso los misioneros de Marianhill dando testimonio de la fuerza unificadora del Evangelio. La talla del niño Jesús procede de Italia. 




Graciñas a la comunidad Marianhill por compartir con nosotros su belén. Seguimos esperando vuestras fotos y vuestras historias en searmoelbelen@hotmail.com. 

lunes, 1 de enero de 2018

Feliz ano 2018

Dende a Agrupación Belenista de Ribadeo agardamos que no 2018 florezan todos os vosos desexos. Feliz ano novo!

Nacemento de corcho; Fátima (Portugal), 2017.
- Exposición de miniaturas da Agrupación Belenista de Ribadeo -

viernes, 29 de diciembre de 2017

De camiño... Igrexa parroquial de San Xusto (Barreiros)

De camiño ó noso Belén pola ruta do Norte, case chegando a Lourenzá, atopamos a espectacular igrexa parroquial de San Xusto. Este templo con planta de cruz latina, dunha nave con dous arcos faixóns, dúas capelas laterais, capela maior máis alta ca nave e na cabeceira unha sacristía, data de comezos do século XVI. As cubertas están realizadas en lousas de xisto sobre estrutura de madeira a dúas, tres ou catro augas. O retablo do altar maior é barroco, do ano 1753, de profusa decoración vexetal e múltiples columnas salomónicas. 
Toda a información procede do traballo de Emilio Piñeiroa sobre o camiño de Santiago no concello de Barreiros. Gracias infinitas polo seu bo facer e por compartilo con nós (nos locais da Agrupación Belenista de Ribadeo teñen a súa disposición os dípticos con toda a información). 

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

Igrexa de San Xusto de Cabarcos (Agrupación Belenista de Ribadeo, 2017)

domingo, 24 de diciembre de 2017

Xa está aquí! Xa chegou!

Fra Angélico, detalle da Predela do altar da Anunciación
(Oro e temple sobre táboa, cara 1430; Museo Nacional del Prado)

"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

Dende Agrupación belenista de Ribadeo deséxamos a todos os colaboradores e amigos un Bó Nadal e que o neno que nace en Belén encha de luz as vosas casas e os vosos corazóns. 

viernes, 22 de diciembre de 2017

Tempo de Nadal, tempo de mergullarse

Como xa ven sendo tradicional, mañá acompañaremos ós amigos do CASIP Illa Pancha  na súa inmersión para sumerxir un belén na ría. Estades todos convidados!!!!! Os preparativos comezarán sobre as doce da mañá nas inmediacións do Pozo (Porto deportivo de Porcillán) e a continuación, coincidindo coa marea alta, procederase a inmersión do Belén.

Una vez más, el Niño naciendo en una localización rechazada.
(Belén para inmersión nunha bombona de osíxeno; Casip Illa Pancha e AB de Ribadeo, 2017)

miércoles, 20 de diciembre de 2017

V Cantos de Nadal. Sábado 30 de decembro, 18.30 horas

A V edición dos sempre animados cantos de Nadal terá lugar o sábado 30 de decembro a partires das 18.30 horas. Se o tempo o permite, percorreremos as rúas de Villafranca del Bierzo (saindo dos locais da agrupación belenista), Reinante, Doutor Moreda, Ramón González e Rodríguez Murias. En caso de que a chuvia queira vir tamén desfrutar da mellor música do Nadal, cantaremos todos xuntos na Escola Municipal de música e danza de Ribadeo. A partir das 21.00 horas fin de festa con foliada aberta no Bodegón (Rúa San Lázaro, 26). Agardámosovos!


martes, 5 de diciembre de 2017

Vaise achegando o Nadal

Volve, como todos os tempos de advento, a actividade ó noso blog. Nos próximos días iremos retomando todas as nosas seccións e poñéndoos ó día de todas as novas da Agrupación belenista de Ribadeo para este Nadal. A partires do día 20 de decembro poderán desfrutar nos nosos locais na rúa Villafranca del Bierzo dun ampliado Nacemento no camiño. Por desgracia, este ano tampouco atopamos ningún local no que montar o noso espectacular nacemento no Renacemento (ou nacemento Florentino); pero non perdemos a esperanza, así que se sabén dalgún espacio que poidera estar dispoñible para nós, non dubiden en contactar coa agrupación, estaríamoslles moi agradecidos. Permanezcan moi atentos, o mellor está por chegar!  

Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3)
Nacemento no camiño. Agrupación belenista de Ribadeo 2016

lunes, 2 de enero de 2017

Belén de Lupe. En mi casa lo hacemos así...

Lupe y su familia comparten otro año más con todos nosotros el nacimiento en torno al que celebran estas fiestas en su casa de Ribadeo. El belén es diferente todos los años, y aunque siempre nos encanta, este año podremos valorarlo y disfrutarlo muchísimo más pues nos han enviado un vídeo en el que se aprecian todos y cada uno de los detalles, que son muchos y muy espectaculares, de este nacimiento. Aquí podrán ver, mejor que nunca, el Belén de Lupe:


Graciñas a Lupe y su familia por compartir con nosotros las imágenes de su belén. Seguimos esperando vuestras historias en searmoelbelen@hotmail.com. 

sábado, 24 de diciembre de 2016

Bo nadal

Nacemento Indiano. AB Ribadeo 2016

"E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto e deu a luz ó seu fillo primoxénito
(Lc 2, 6-7). 

viernes, 23 de diciembre de 2016

Comunidad Mariannhill. En mi casa lo hacemos así...

Reinauguramos hoy una de nuestras secciones favoritas del blog: En mi casa lo hacemos así... En esta ocasión nos desplazamos a Madrid, donde la comunidad Mariannhill espera al niño Jesús con este bonito nacimiento. Las figuras son de madera y fueron talladas por el artista salmantino Orejudo y pertenecen a la comunidad desde hace más de 50 años. Los paños proceden de Zimbabwe y Mozambique, dos de los lugares en los que los misioneros de Mariannhill llevan a cabo su trabajo.



 

Graciñas a la comunidad Mariannhill por compartir con nosotros su belén. Seguimos esperando vuestras fotos y vuestras historias en searmoelbelen@hotmail.com. 


domingo, 27 de noviembre de 2016

¡Gracias, y buen camino hacia Belén!

“Que el empeño de caminar en la fe y de comportarse en manera coherente con el Evangelio los acompañe en este tiempo de Adviento, para vivir de modo auténtico la conmemoración de la Navidad del Señor. Les puede ayudar el bello testimonio del beato Pier Giorgio Frassati, que decía, un universitario como ustedes, decía: “Vivir sin fe, sin patrimonio que defender, sin sostener una lucha por la verdad no es vivir, sino ir tirando… Nosotros no debemos nunca tirar sino vivir”. (Carta a I. Bonini) 27.II.1925. 
¡Gracias, y buen camino hacia Belén!”
Papa Francisco, 30.XI.2013

(Vísperas del Primer Domingo de Adviento con los universitarios de su diócesis)

¡Gracias, y buen camino hacia Belén!
Aquí estamos un año más, gracias a todos los que nos ayudáis, nos animáis y nos seguís, preparando el camino hacia Belén, que en esta ocasión, como en tantas otras, viene lleno de sorpresas... Os mantendremos al corriente...

jueves, 7 de enero de 2016

Belén de Lupe. En mi casa lo hacemos así...

No es la primera vez que esta familia comparte con nosotros el belén que preside su casa durante estas fechas tan especiales. Próximos al día de la Inmaculada comienzan a redistribuirse los muebles del salón para albergar este precioso nacimiento. Todos los años intentan incorporar elementos nuevos y modificar la estructura, pero a la vista está que el resultado es siempre espectacular. 





Agradecemos a Lupe y su familia que nos hayan enviado las fotos de su belén. Seguimos esperando vuestras imágenes y vuestras historias en searmoelbelen[arroba]hotmail[punto]com

miércoles, 6 de enero de 2016

Feliz día de Reis

Nacemento no Renacemento. AB Ribadeo 2015
"E, velaí, a estrela que viran saír no Oriente foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno. (...) E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Postráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle como regalo ouro, incienso e mirra." 
(Mt 2, 9-11)

viernes, 1 de enero de 2016

Feliz ano novo!

Nacemento no renacemento. AB Ribadeo 2015. 

Toda a xente que formamos parte da Agrupación Belenista de Ribadeo desexámoslles un próspero ano 2016. 

miércoles, 30 de diciembre de 2015

III Cantos de Nadal

III edición dos xa tradicionais Cantos de Nadal da Agrupación Belenista de Ribadeo. Agardámosvos o próximo sábado día 2 de Xaneiro ás 20.30 horas no belén Franciscano (R/ Villafranca del Bierzo, 2) para cantares xuntos nas rúas de Ribadeo. Non perdas o Ribadeo canto ó neno!